Recursos culturais de Compostela
Este fío é para incorporar información e datos sobre espazos, colectivos, grupos, asociacións, obradoiros, festivais, publicacións, eventos e calquera outro axente cultural activo na cidade.
xron Mon 26 Jan 2015 10:12AM
Este é para incorporar todos os recursos culturais da cidade, mesmo institucionais, para debuxar un mapa dos recursos existentes. En modelos de referencia entendo que colocamos aqueles exemplos de boas prácticas que ofrecen material interesante a reproducir.
xron Mon 26 Jan 2015 10:26AM
Por exemplo, recursos culturais de titularidade municipal (ide incorporando máis):
-web cultural do concello: http://www.compostelacapitalcultural.com/13/filtros.html
-Teatro Principal. Ubicación: Cidade Vella. Dedicación principal: programación escénica. Dirección artísica: ? Web: non ten.
-Auditorio de Galicia. Ubicación: Vista Alegre. Dedicación principal: programación musical, sede Philarmonía de Galicia. Exposicións artes plásticas. Dirección: José Victor Carou. Web: http://www.auditoriodegalicia.org/
-Rede de centros socioculturais: http://www.santiagosociocultural.org/centros/?lg=gal
-Zona C. Ubicación: Cidade Vella/San Pedro. Dedicación principal: exposicións, artes escénicas. Dirección: ?. Web: non.
Iria Mon 26 Jan 2015 4:19PM
Curtocircuito. Festival Internacional de Curtas:
http://www.curtocircuito.org/gl/
xron Mon 26 Jan 2015 4:42PM
Cineuropa. Festival de cine. 28 edicións. Novembro. Organiza: Concello de Santiago + Consorcio de Santiago. Dirección: José Luis Losa. Web: http://cineuropa2014.com/
xron Mon 26 Jan 2015 4:50PM
Relación de recursos culturais da cidade que facilita a web de satiago turismo:
http://www.santiagoturismo.com/programadores-culturais/page:1#contenido
xron Mon 26 Jan 2015 4:51PM
Algunhas das festas da cidade (faltan):
http://www.santiagoturismo.com/festas-e-tradicions
Yago Rilo Fernandez Thu 23 Jul 2015 10:35AM
Bo día!
Formo parte dun colectivo musical e gustarianos saber onde podemos ou con quen temos que falar pra que escoiten as nosas propostas sobre a utilizacion de espazos públicos pra a realización de espectaculos e música en directo.
Moitas grazas un saúdo
Iria Thu 23 Jul 2015 6:41PM
Ola @yagorilofernandez ,
Dentro do grupo de traballo de cultura temos actualmente abertas tres vías de traballo en forma de comisións, que se reuniron por vez primeira a semana pasada: "Catalogación de recursos culturais", "Participación e comunicación" e "Democratización de espazos culturais" penso que neste último sería onde mellor encaixan ese tipo de propostas, o espazo neste foro desa comisión é:
https://www.loomio.org/d/Z0IK2gzY/comision-de-democratizacion-de-espazos-culturais
(podes trasladar a pregunta mellor nese enlace)
E vía mail estase a traballar na elaboración de varios documentos, que se publicarán en breve no foro para ir dandolle forma entre todas e todos . Un saúdo!
Iria · Sat 24 Jan 2015 4:07PM
Una dúvida... Este fío é semellante ó que creou Horacio sobre Modelos de referencia de Santiago. Este supoño que é en xeral e o de Horacio para os proxectos que consideramos salientables non?