Loomio
Tue 21 Jul 2015 10:10PM

COMISIÓN DE DEMOCRATIZACIÓN DE ESPAZOS CULTURAIS

LM Luís Magarinhos Public Seen by 31

Fio aberto de conversa e achegas á comisión de DEMOCRATIZACIÓN de ESPAZOS CULTURAIS co fin de aportar propostas de modificación dos estatutos do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia, que deberán ser revisadas pola asesoría xurídica do concello e consensuadas cos grupos da oposición para a súa aprobación.

Outros asuntos tratados nesta comisión:

DVM

Diego Vázquez Meizoso Tue 18 Aug 2015 7:03PM

UPS!!! Acabi de ver nun dos enlaces que adxuntou Xron que xa está o código deontolóxico que puxen. Queda por partida dobre, entón.

AG

Ania Gonzalez Wed 19 Aug 2015 10:24AM

Estamos a redactar a proposta para a reunión de mañá, dacordo co obxectivo de equilibrar a participación do sector cultural, profesional e cidadá no órgano reitor do Auditorio así como a limitación da cuantía pola que a Comisión executiva poderá obrigarse de forma autónoma, a esixencia dun concurso público para cubrir o posto de dirección e a necesidade de modificar a redacción dacordo coas políticas de xénero. Podedes seguir completando ou aportado aquí:
https://docs.google.com/document/d/1LYScPgn2GFZTkql98xFUXnvafBHzt7rgsamuB6ZlTNc/edit

DVM

Diego Vázquez Meizoso Sat 12 Sep 2015 12:12PM

Adxunto aquí os pregos para a dirección artística de Cineuropa e Curtocircuíto 2015, parácenme moi interesantes, baseadas en C.V. + proxecto. Tamén a de director técnico da RFG do pasado ano e de dirección do Cultural.

X

xron Sat 12 Sep 2015 5:26PM

Moitas grazas pola documentación, Diego. Ademais de servir de referencia directa, é moi útil coñecer as convocatorias que se fan na cidade. Distinguiría entre as de Curtocircuíto e Cineuropa, que son licitacións, e as da Filarmonía e Culturgal, máis directamente relacionadas co obxecto da dirección do Auditorio de Galicia. Pero si que é interesante ver como se valora o proxecto en calquera licitación de servizos, e non só o CV.

DVM

Diego Vázquez Meizoso Sat 12 Sep 2015 5:52PM

Tes razón, XRon. En todas hai aspectos interesantes e que podemos, se vos parece, ver na xuntanza do luns. A ver se podo levalos impresos para traballar sobre eles tamén en papel. A convocatoria para a RFG está baseada en concurso de méritos soamente. Culturgal, C.V. + proxecto. Quizais se achega máis ao que estivemos falando nas comisións. Ata luns!