Reunión Equipo de Redes
Boas. Como responsable da Área de Redes do Consello Cidadán Municipal, creo que é importante realizar unha reunión do equipo de xente que estamos publicando en redes.
Gustaríame, se é posible, que asistan a esta reunión:
-As persoas do CC que están de reforzo nesta área: @carlosnoya @akinroblefrondoso
-Administradores da páxina de Facebook: @victor1 @fdieguezm @florentinobalado ¿Sergio Casal? e eu mesmo
-Xente que publica ou publicou nalgún momento na conta de twitter: @carlosdebasa @carlosnoya @danielares Rafa Valiño (que igual xa non anda por aquí) e eu outra vez
-Xente de TIC: @akinroblefrondoso @borjafdezmontenegr
-Calquera outra persoa que queira participar. Non sei se reparastes en que hai unha alarmante ausencia de mulleres
Orde do día:
-Formación e materiais do encontro de redes estatal celebrado o 1 de febreiro
-Protocolo, estratexia e coordinación de publicacións
-Novos logos e imaxes
Abro Dudle para apuntrse. Poño horarios dende as 18.00 porque se a facemos nesas horas xa cubrimos parte das quendas de votación que está habendo esta semana no local para a votación das municipais, e as que previsiblemente se farán a semana que vén para as votación das candidaturas autonómicas. Exclúo o venres 6 porque é posible que teña que reunirse o CC nesa data. Se queredes engadir algunha data ou horario, avisade: https://dudle.inf.tu-dresden.de/7rlkgl6y/
Manu López · Wed 4 Feb 2015 11:48AM
Ben, pois pechamos se queredes e queda para hoxe entre as 19 e as 19.30 porque o resto de datas e horarios están bastante lonxe e aínda que vote máis xente é difícil que se mova o resultado.