Resumen xuntanza con Podemos 10/feb
Podemos solicitou unha xuntanza para comunicar oficialmente o seu apoio a Compostela Aberta e poñerse ao día, co obxectivo de facilitar a incorporación das súas afiliadas e simpatizantes.
Puntos tratados:
* Coordinadora. Suxerencia para recuperar o organismo interno de coordinación.
* Estado borrador ético e primarias. Información sobre o estado de ambos documentos e datas.
* Estado finanzas e ideas de financiación. Compartida a situación (transparente e case a tempo real na web) e as ideas de crowdfunding para a campaña.
* Forma xurídica. OK ao partido instrumental, formato actual de CA.
* Ferramentas telemáticas de participación. Loomio para decisións e foro para grupos de traballo (GdT). Necesidade de ferramenta de votación para primarias.
* Integración GdT. As persoas de Podemos interesadas sumaranse con naturalidade aos grupos existentes.
* Comunicación. Reflexión sobre a necesidade de ir definindo a estratexia política de comunicación.
Accións por parte de CA:
* Proposta e votación en Loomio para debater e crear a coordinadora / grupo de coordinación.
* Proposta de xuntanza de grupo de comunicación para integrar persoas de Podemos e seguir definindo a estratexia política de comunicación.
Accións por parte de Podemos:
* Información sobre os custes e posibilidades de utilizar/compartir a plataforma on-line para as votacións de primarias.
Da mesma forma, durante a xuntanza púxose en común un calendario tentativo do máis relevante durante as próximas semanas:
* ~16 feb: Xuntanza coordinadora.
* ~18 feb: Xuntanza comunicación.
* 28/feb: Plenario código ético e regulamento primarias.
* ~3-4 marzo: Presentación e apertura inscripción primarias.
* 20-21-22 marzo: Votacións de primarias.
* ~27 marzo: Acto de presentación de candidatas / inicio de campaña.
MariadoMarLopes · Wed 11 Feb 2015 12:11PM
Eu a verdade, entre o Grupo de Traballo de Lingua e outras cousas da miña vida persoal, non sei se poderei axudar na coordenadora. En todo caso podería puntualmente. Eu faría fincapé para traballarmos nisto, desde xa:
borrador ético e primarias.
finanzas e ideas de financiación. Compartida a situación (transparente e case a tempo real na web) e as ideas de crowdfunding para a campaña.
Escolla e traballo na ferramenta de votación para primarias.
Comunicación. Reflexión sobre a necesidade de ir definindo a estratexia política de comunicación.