Coordinación das Marchas da Dignidade
Ábrese este fío co obxectivo de coordinar entre os diferentes Grupos de Traballo as Marchas da Dignidade. Podemos leva apoiando e participando nas Marchas desde os seus orixes. Agora mesmo estanse convocando diferentes actos (manifestacións, actos públicos, charlas, etc). O Círculo de Compostela está participando activamente na coordinación e preparación destas.
Este fío pretende servir para coordinar a información que vincula os diferentes G.T. de forma transversal na preparación das Marchas sobre todo o intercambio de material audiovisual para o Grupo de Comunicación, chamamento a voluntari@s para as actividades, información sobre os diferentes actos, etc.
Rafa V. Tue 28 Oct 2014 5:02PM
Para mover polas redes sociais: No arquivo hai un texto común, penso que podería ir acompañado do vídeo de Santiago Tv, pero editado por xente das Marchas para mover polas redes:
Vídeo:
https://www.facebook.com/video.php?v=762560397115049&fref=nf
Mario Martínez Lorenzo Fri 31 Oct 2014 8:47AM
Como vai a pega dos carteis? Fai falla algo?
Rafa V. Fri 31 Oct 2014 12:02PM
Entre o luns e o martes estarán listos, teñen que confirmarme aínda.
Por outra banda, se necesitan voluntari@s para megafonía en coche para o luns pola tarde. Eu creo que non vou poder. Se alguén está disposto que avise por favor e miramos como.
Rafa V. · Tue 28 Oct 2014 4:45PM
Enlaces principias para @s interesad@s.
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Grupo de fb:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
Conta no fb:
https://www.facebook.com/events/1507913852781802/
Twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M