Loomio
Fri 16 Jan 2015 4:37PM

O papel das institucións.

I Iria Public Seen by 27

A cultura de por sí e un concepto moi amplo con axentes moi diversos , algo complexo, orgánico, dinámico en constante cambio e en interrelación estreita con tódolos campos da vida. É fácil que a intervención das institucións se convirta nun obstáculo de cara o seu natural desenrolo e dinamismo ainda que as estratexias estean elaboradas con boas intencións. Ata donde tería que chegar o papel dun concello nese sentido?

HGD

Horacio González Diéguez Fri 16 Jan 2015 6:58PM

Para min o problema fundamental do papel das institucións e unha cuestión de direcionalidade. Aquí as institucións actúan de arriba a abaixo, compórtanse de xeito paternalista e asumen que a sociedade e menor de idade e non pode organizarse correctamente por si mesma. En lugar disto, as institucións como o concello, deberían tratar de traballar de abaixo a arriba. Fomentando, acompañando e dando soporte ás propostas de colectivos, asociacións e empresas.

Como norma xeral eu proporía que en lugar de que sexan as institucións as que programen cultura, que as institucións elaboren as súas programacións culturais a través convocatorias abertas e que despois axuden, apoien ou financien as propostas seleccionadas.

Penso ademais que ditas convocatorias deberían ser:

  1. Transparentes; publicarse abertamente todo o proceso de selección, promovendo que en todos os concursos de cultura (convocatorias para a programación cultural da cidade, axudas, premios, etc.) expoñanse publicamente todas as propostas recibidas.

  2. Responder a unhas liñas estratéxicas de desenvolvemento da cidade e a criterios de profesionais especializados, nunca ao vai e ven da política.

  3. Facerse a través de órganos de decisión colexiados (non unipersoais), nos que haxa representantes do concello, representantes dos axentes culturais con formación específica e representantes da cidadanía, particularmente da zona na que se vaia a desenvolver dita programación cultural.

  4. Fomentar a diversidade, a redistribución e a desestacionalización. E dicir, romper definitivamente coa liña de grandes eventos e macroactividades en lugares céntricos e, pola contra, investir nun número maior de propostas, apostando pola diversidade de estilos, os proxectos emerxentes e a innovación, distribuíndo a actividade cultural por distintos lugares da cidade ao longo de todo ano.

  5. Elaborarse a longo e medio prazo, a través de planes plurianuais, para dar continuidade as propostas e poder atraer a públicos doutros lugares.

  6. Incluir en todas as convocatorias apartados específicos para empresas e cooperativas e para colectivos e asociacións co fin de fomentar o desenvolvemento da programación cultural dende distintos ámbitos e formas de facer e concibir a cultura.

I

Iria Sat 17 Jan 2015 12:52PM

Non teño un coñecemento minucioso dos procesos de programación ou promoción cultural por parte das adminidtracións, máis como mínimo penso que o papel que nunca debería ter é o de supoñer un obstáculo (ainda que tendo en conta a realidade da que partimos xa parece ata que é moito pedir!).

I

Iria Sat 17 Jan 2015 3:43PM

O papel desexable? En xeral, establecer os marcos axeitados para un desenrolo cultural descentralizado, autoxestionado, autosuficiente, multidisciplinar, transversal, igualitario, sostible...

Con uns obxectivos amplos :

  • Recuperacion, conservación e preservación do patrimonio material e inmaterial propio (histórico, artístico, científico-tecnolóxico, etnográfico...)

  • Mantemento, mellora e posta a disposición da comunidade dos recursos espaciais e equipamentos públicos para o seu uso: creativo, experimental, pedagóxico, divulgativo, lúdico, social...

-Fomento das conexións entre os todos os elementos que entran en xogo para propiciar o fortalecemento dun tecido cultural dinámico e flexible que poida adaptarse as necesidades, dar solucions creativas ós problemas e servir sobretodo como ferramenta para a cohesión social e a solidariedade .

HGD

Horacio González Diéguez Sun 18 Jan 2015 10:52AM

Estou moi de acordo co que dis “(...) descentralizado, autoxestionado, autosuficiente, multidisciplinar, transversal, igualitario, sostible (...)”, en todo caso preocúpame autosuficiente, porque creo que hai moitas manifestacións da arte e da cultura que nunca van ser rendibles en termos estritamente económicos, que o seu retorno é indirecto e fundamentalmente social, polo que son dificilmente posíbeis sen axuda económica, especialmente todas aquelas que por estar na vangarda aínda non consolidaron público suficiente. Para min, o erro é gastar cartos en concertos de estrelas coñecidas que poderían ser perfectamente rendíbeis cobrando entrada, desinvertindo eses recursos en manifestacións da cultura que si os necesitan para poder medrar.

HGD

Horacio González Diéguez Sun 18 Jan 2015 10:59AM

Por outra banda “(...) Recuperación, conservación e preservación do patrimonio material e inmaterial (...)” non teño claro que deba ser un obxectivo. A ver se o logro explicar sen meterme nun xardín! Tratase dun requisito, un principio básico que debe cumprir calquera política do concello, xa sexa de urbanismo, asuntos sociais ou de cultura. Vamos tratase dunha obriga. Os obxectivos son algo desexable que permite avaliar a xestión que se está a facer preguntándose cousas como en que grao se cumpriron ou canto avanzouse cara a súa consecución. En todo caso na lista engadiría lingüístico :-)

I

Iria Wed 21 Jan 2015 3:58PM

Gracias Horacio! Entre varios é máis facil sintetizar correctamente os conceptos, eu doulle moito á cabeza pero non estou afeita nada á escrita, cústame moitísimo.

Vexo que na relación CONCELLO-CULTURA por parte do CONCELLO están por unha parte "a actitude" por outra vanda "as obrigas/deberes", e por outra "os obxectivos".

ACTITUDE: O punto de partida, a intencionalidade, a filosofía coa que vai entablar a relación coa cultura. (Por ex: democrática, descentralizada, transparente, aberta, inclusiva, igualitaria, descentralizada, transversal, sostible, non paternalista, non obstaculizarora, non interesada ou curtoplacista, non mercantilista, etc...) Poderíamos facer unha lista ACTITUDES DESEXABLES/ ACTITUDES INDESEXABLES.

OBRIGAS/DEBERES: Tareas básicas das que en ningún caso se pode desentender e que como institución ten a obriga de garantizar. Ahí encadraríamos lo:

  • Recuperación conservación e preservación do patrimonio material e inmaterial propio (histórico, artístico, científico-tecnolóxico, etnográfico, lingüístico,...) (eu engadiría tamén o patrimonio natural e a biodiversidade).

  • Mantemento, mellora e posta a disposición da comunidade dos recursos espaciais e equipamentos públicos para o seu uso: creativo, experimental, pedagóxico, divulgativo, lúdico, social… (paréceme imprescindible catalogación dos recursos para que todo o mundo poida saber cales son e como acceder a sus utilización)

  • Ter claro na teoría e na practica a ilexitimade de outorgarse o dereito a malvender, privatizar, beneficiarse, sacar probeito, ou favorecer a terceiros que o fagan á conta do que é propiedade de todos. Actuar como xestores temporais, non como donos e señores do público.

-Non considerar gastos se non investimentos os feitos en cultura, e non analizar estos e os seus retornos, simplemente en clave econónico-capitalista se non en clave de economía social e beneficio común.

....( poderíamos aportar máis obrigas ou ver si se poden sintetizar maís correctamente)...

OBXECTIVOS: As metas desexables, as que aportan un valor engadido e que permiten avaliar si a xestión obtivo os froitos desexables e afonda na mellora da calidade desa relación CONCELLO-CULTURA. As pautas que amosan qué grao de simbiose ten esa relación. Sería interesante engadir, fusionar ou dividir algún e organizalos por prioridades:

  • Accesibilidade, eliminación das barreiras cultura/cidadanía nas dúas direccións, visivilización e democratización para quebrar o illamento, o elitismo e o clasismo do que moitas veces está impregnada esta relación.

  • Fomento das conexións entre todos os elementos que interveñen na cultura. E de estos cos de tódalas outras materias (derrubar os compartimentos estancos dentro da propia cultura e da cultura co resto dos aspectos da política e da vida social en común. Facer dela algo fluido e transversal)

  • Fortalecemento e enriquecimento dun tecido cultural activo, dinámico, heteroxéneo, multidisciplinar, interxeneracional, inclusivo, solidario, igualitario, resolutivo, creativo, innovador, vangardista, revolucionario...enriquecedor.

  • Establecemento dos marcos axeitados para que esta REDE se dote dun desenrolo democrático, participativo, descentralizado, autoxestionado, sostible... Coa cordinación, a autonomía, a independencia, e as capacidades de transformación necesarias para resistir os cambiantes escenarios político-económicos.

  • Valoración e aproveitamento da cultura coma FERRAMENTA de cohesión social, solidariedade, integración, igualdade... Valorar a súa utilidade na resolución creativa de diferentes problemáticas e a influencia positiva na saúde da calidade de vida e da autoestima das sociedades donde se desenrola.

  • Fomento da Formación e capacitación necesarias para facilitar a consecución dos anteriores obxectivos.

  • Fomento e difusión do cooperativismo.

  • Desmercantilización (no sentido máis amplo).

-(etc...)

I

Iria Wed 21 Jan 2015 8:59PM

A verdade e que o tema é complexo... Semella dificil elaborar calquer proposta seria en tan pouco tempo.

Tendo en conta a influencia e a importancia estratéxica que a cultura ten no modelo de cidade, sobretodo en Compostela faría falta a organización dun gran FORO DA CULTURA aberto para analizar rigurosamente a situación dende o maior número posible de perspectivas, localizar as potencialidades e as debilidades, debatir propostas, expor ideas, crear grupos de traballo e tirar daí as liñas para unha política cultural con maiúsculas á altura das circunstancias de Compostela como cidade pero tamén como porta de entrada e saída da cultura galega cara ó mundo. A parte de que podería servir de xermen para por en contacto a un montón de colectivos e personas diversas e poñer en marcha iniciativas e proxectos autoxestionados e autónomos.

HGD

Horacio González Diéguez Thu 22 Jan 2015 7:59AM

Paréceme interesante a estruturación de conceptos en tres grandes bloques, actitudes obrigas e obxectivos. En todo caso para describir o primeiro bloque, eu utilizaría a palabra PRINCIPIOS, paréceme mais firme e clara que actitudes.

Nas obrigas, ao mellor é interesante engadir un apartado que falase de asegurar a compatibilidade dos usos culturais dos espazos e equipamentos da cidade, con outros usos que se lles queira dar como o turístico. Probablemente encaixe bastante antes do apartado que di malvender, privatizar, beneficiarse, etc.

Nos obxectivos, penso que podemos poñer un apartado especifico para a innovación e a vangarda. Algo como apostar pola innovación a experimentación e a investigación na cultura, fomentar o diálogo creativo entre tradición e vangarda, apoiar o xurdimento de novas iniciativas culturais e axudar ao se desenvolvemento autónomo.

En canto a estrutura eu seguiría unha norma do deseño que recomenda agrupara as cousas en listados de 5 a 7 elementos como máximo. Nas enumeracións de principios e cuestións fundamentais trataría de usar listados de 3 a 5 cousas e no resto das enumeracións grupos de 7 cousas.

HGD

Horacio González Diéguez Thu 22 Jan 2015 8:10AM

En relación ao foro da cultura creo que poderíamos establecelo como una metodoloxía de xestión da cultura para o concello, e dicir, propoñer no programa que a primeira acción de goberno sexa organizar dito foro, que nel se elabore un plan plurianual de catro anos que modele a xestión da cultura no concello durante a lexislatura, cumprindo os tres bloques do programa (principios, obrigas e obxectivos) e que se constitúa un observatorio cidadán de seguimento do plan plurianual e da adecuación dos presupostos anuais aos obxectivos e accións previstos no plan plurianual.

I

Iria Thu 22 Jan 2015 9:44AM

Tes razón! Claro que é máis axeitado PRINCIPIOS... (actitude disque... Jajaja). Viría estando directamente relacionado co código ético global, non? É como tomar os principios do código ético que teñen que ver coa cultura e engadirlle algún maís específico.

Como definirías ese apartado das compatibilidades de uso?

Load More